sábado, 26 de marzo de 2016

San Sadurniño, terra de saraiba

De tratar a canción galega habería moitos sitios por onde empezar. Poderiamos tratar a musica tradicional, os grupos e cantantes autoctonos ... Pero tentando enfocalo dende un punto de vista mais persoal, decidín falar dun dos grupos folk galegos mais influintes de finais do século XX e o cal por razóns de parentesco tocame moi de preto.

A pesaren de que a música folk non é a miña preferida e tampocouco o mundo musical en xeral levantoume nunca unha pasión desatada, si que é certo que dende pequeniño crecín vendo aparcada unha furgoneta verde cun logotipo dun paraugas polas rúas do meu pobo. Sempre que preguntaba respondíanme que fora o medio de transporte dun grupo que fundaran meus tíos avós xunto con outros amigos da vila. Ao principio levantabame a intriga e a admiración, pero pronto olvidabao e volvia aos meus xogos. Mais adiante coa furgoneta xa desaparecida, comecei a facerme unha idea verdadeira do que fora SARAIBAS, ou iso pensaba eu. Na miña imaxinación aparecia como un grupo famoso sen un estilo definido e sen ningunha canción coa que relacionalos. Así que o día no que na clase sobre a música galega recoñecín a voz do meu tío Miguel, tiveno claro, a miña seguinte entrada ía a tratar sobre Saraibas.

Furgoneta de Saraibas

O grupo nace dunha pandilla de amigos de San Sadurniño que se adicaban a tocar nas bodas e nas igrexias, divertindose e sacando uns cartiños.No ano 1978 gañan de forma indiscutible o concurso de bandas folk celebrado nas Somozas, tendo en conta que eran os únicos que participaban, e alí comeza a súa andadura como Saraibas.Compoñen o seu primeiro album en 1980, "Unha terra, un pobo e unha fala", no que deixan claro o que pretenden coas súas cancións, levar a cabo unha defensa da lingua e a cultura propias.O grupo que nun primeiro momento levaba o nome de Chorima, estaba formado por Miguel e Martín Sanjurjo, Avelino e Regina Cinza, Enma Calvo e Elisa García.Comezaron a súa andadura extranxeira conxuntamente co grupo Milladoiro, como teloeiros do Ballet Galego Rei de Viana en Venezuela, para despois expandirse mais polos centros galegos de Europa. Pero logo destas primeiras xiras o grupo foi introducindo novos colaboradores como Oscar Sanjurjo,que despois pasou a traballar no seu propio grupo, Os Cempés; Amparo Calvo...Ata rematar como grupo no ano 2004 trala saida definitiva dun dos seus fundadores, Miguel Sanjurjo. Hoxe en día, outro dos fundadores, Martín Sanjurjo continua en activo co grupo Balakandra.


Saraibas é unha boa mostra de como apostar polo propio resulta moitas veces a única maneira de competir co de fora e de feito ese impetu de tirar pola terra levoulles a rechazar un contrato coa poderosa discográfica madrileña, Philips. Quen sabe que pasaría se aceptasen a oferta, o único que sabemos e o que pasou cando a rexeitaron, sendo fieis a un espiritu e a unhas ideas, que ao fin e ao cabo é o que importa.




                                        

domingo, 13 de marzo de 2016

Con X de cultura



Sentado no sofá, esmagando a cabeza na procura dunha nova idea que tratar, viume a inspiración. Quería cambiar de terzo, non monopolizar as entradas en torno ao mundo do cine, e como o tema exposto na clase esta semana fora o cómic galego, pensei que sería unha boa opción leer algunha destas novelas gráficas nas que temos un referente mundial como é Miguel Anxo Prado. Pero como non podía ser doutra forma, colleume o toro.Tocaba pensar rápido sobre algo do que tivese xa algunha de idea e que me permitise tratar o tema en cuestión.E foi ahí cando o decidín. Ía falar sobre o XABARÍN CLUB.
Resultado de imagen de xabarín club

A primeira vista pode parecer unha tontería, un recurso de última hora para entregar á desesperada algo que evaluar, pero pensandoo fríamente, un dase conta da importante labor cultural e normalizadora  que fixo este programa infantil e xuvenil.
Para quen non o saiba, o Xabarín Club, tratabase e tratase dun programa emitido pola TVG, onde os espectadores poden disfrutar de animación doblada en galego.Esté presentada por un porco bravo animado que é a súa imaxe de marca. Xeracios enteiras creceron vendo debuxos como Doraemon ou Dragon Ball e relacionandoos na mente co galego, porque aínda que remate a emisión do programa, a ningue dos antigos adeptos se lles vai olvidar nunca que: "Doraemon ten un peto máxico,é o gato do espazo que chegou a aquí..."




Pero a súa importancia ía moito mais alá dun programa de entretemento, xa que permitiú o desenrolo de sectores da cultura galega, como poden ser a dobraxe, a animación ou inclusive a música, xa que durante a súa retrasmisión, intercalabanse videoclips de grupos autoctonos, que fomentaban as distintas tendencias musicais en galego, tendo en conta que en moitos casos a lingua galega a penas ten peso.





O que pretendín con esta entrada é por en valor a importantísima labor que levou a cabo este programa de animación pola difusión da cultura e a lingua galega na xuventude, un dos estratos sociais mais importantes á hora de normalizar unha lingua ou unha cultura, xa que a esas idades configuramos os nosos gustos que influirán de forma moi importante no noso desenrolo como persoas e polo tanto é importante ter tamen presente a cultura propia, que no caso galego, ía da man do Xabarín Club.

domingo, 6 de marzo de 2016

Abrindo a mente


A semana pasada decidimos de forma democrática a temática que iamos tratar durante o mes seguinte. Sorprendentemente bastou cunha votación para chegar a unha conclusión.O tema a tratar sería a cultura galega. Dende o primeiro momento mostreime reacio a este tema, dado que non sabía moi ben como abordalo, pero ante a obrigación de maquinar catro entradas, non me quedaba mais que buscar información.

As primeiras clases foron encamiñadas pola rama do cine e coa intención de deixar a un lado o meu escepticismo a cerca das novas correntes cinematográficas, acadei a información necesaria de internet para facerme unha idea xeral, co obxetivo de comprender mellor as obras, que nun primeiro intre parecíanme aburridas e sinxelas.

A miña busqueda atopa un "atranco" moi pronto.Despois de escudriñar a rede na procura de información sobre as tendencias actuais para comprendelas, non atopei senon analises que pouco me esclarecian.Por iso decidín centrarme nos autores galegos e a traves deles achegar a ansiada comprensión do cine de vangarda.O primeiro que me veu á mente foi Lois Patiño, por teren saido na clase, e como o seu filme mais representativo era "Costa da Morte", decidin botarlle unha ollada. Por desgraza ou por ineptitude á hora de navegar en internet, non conseguin atopar unha páxina na que ver o filme, pero no You Tube  atopei unha serie de vidios que espertaron en mín un sentimento que nunca antes tivera cara ese cine.Escoitar falar ao autor do porqué da súa obra resulta tremendamente esclarecedor, e por iso unha entrevista levoume a outra e despois ó trailer e despois a un dos seus referentes norteamericanos(James Benning)...

Debido a este "atranco", decidín cambiar o enfoque da miña entrada, que vai mais encamiñada a unha tarefa case imposible, que consiste en analizar unha obra cinematográfica sen vela previamente, baseandome so nas palabras do autor e en anacos, trailers ou pezas dos seus principais influintes.

A miña impresión é que na película, plasmase perfectamente a idea que ten el dunha paisaxe. Para Lois as paisaxes son como estratos de tempo que ocorren nun mesmo espazo, e é por iso que non move a cámara e toma imáxes panorámicas que dan lugar a impresionantes escenas. Tamén esa concepción de paisaxe condiciona a duración dos planos (excesiva para un consumidor de cine comercial coma mín), xa que cantos mais estratos se capten mais matices ten a imaxe. Amais diso, xoga con dúas realidades diferentes xa que a pesaren de que a imaxe esta tomada dende unha posición alta  o son o percibimos  dende moi cerca, sentindo a respiración e as voces das persoas que aparecen.Con isto intenta dar un sentimento de vida á paisaxe, humanizandoa.

A grandes rasgos este é o porque de como esta feita a pelicula, ou polo menos o que eu puiden extraer. É para mín o verdadeiramente importante, mais alá das historias que contan na pelicula sobre a Guerra Civil ou os naufraxios, porque é o que a fai especial.

Pero o realmente importante desta experiencia, é que me serviu para abrir a miña mente ante a posibilidade dunha forma diferente de facer cine, que ao igual que ocorre coa pintura ou a literatura non se centra tanto en vender e vender, senon que busca transmitir unha idea, facer reflexionar e provocar un esforzo no espectador que xa non se limita a pagar e olvidar senon que se adentra no mundo do autor.Xa so me queda unha cousa por facer.VER A PELÍCULA.

Lois Patiño