sábado, 13 de febreiro de 2016

Que veñen os camisas azuis!

Nesta quenda de entradas, tocaba falar de episodios de rebeldía na sociedade galega. Na anterior entrada falei dun, moi soado, e relativamente coñecido como é o de María Pita. A súa historia daría como minimo para unha pelicula, en gran parte polo halo de lenda que a recobre.Pero non quería quedarme so nos episodios heroicos e pasionais, asi que recorrin a miña memoria en busca dalgun suceso que contar, mais de actualidade e no que os protagonistas non acadaran a fama a pesaren da valía dos seus actos. E buscando e buscando, recordei que miña nai me falaba en moitas ocasións de que en San Sadurniño eramos uns afortudos, xa que apenas existiran represalias durante a Guerra Civil, e todo iso gracias ao cura e o sarxento da Garda Civil. Por este motivo os escollín como exemplo de "rebeldes moderados".

O 22 de xullo de 1936, triunfaba en Ferrol o alzamento que comezara uns días antes en toda España. Como ocorreu na maioria de Galicia, o bando sublevado apenas encontrou resistencia na sociedade ferrolá, a escepción duns enfrontamentos polo control do arsenal e outros producidos contra os tripulantes dun dos acoirazados que se mativeron fieis á republica. Días despois, os obreiros que fuxiran de Ferrol rumbo a Cedeira, tentaban mediante un mitín no campo da feira, formar un bloque de resistencia en San Sadurniño, pero a entrada pouco despois dunha patrulla militar golpista, botou todo por terra. Esa mesma patrulla sería a encargada de cesar ao alcalde Vicente Castro Naveiras e impoñer como novo correxidor ó empresario sexaxenario Pelayo Casal Novo.

Fotografía do alcalde destituido Vicente Castro Naveiras

A orde normal dos acontecementos houbera sido que unha vez establecido o novo goberno municipal, comezasen a producirse os famosos "paseos" de todos os chamados "roxos" dentro da propia xerga golpista, pero isto non ocorreu así. Grazas aos esforzos dos parrocos de San Sadurniño e Igrexafeita (Daniel Porto e Manuel Gesto Iglesias), así como os do sarxento da Garda Civil, Juan Rodriguez Rabanal, o numero de represaliados no pobo é practicamente de 0.

O parroco de San Sadurniño, Daniel Porto


Segundo testimonios de persoas que chegaron a mín a traves da miña nai, cando se ía producir unha redada, o propio sarxento , recorría porta por porta as casas dos aspirantes a "paseados" avisandoos de que fuxiran ao monte ou que se esconderan ata que pasara o perigo.

Pero co fin de achegar mais detalles sobre a situación, deixovos unha entrevista a unha persoa que aínda que moi pequena viviu na súa pel os sucesos de xullo do 36 e detalla bastante ben a situación antes do golpe e o medo durante a guerra asi como o caso especial de San Sadurniño.




Esta xente non é senon a constación de que independentemente do bando ou da ideoloxía, a decisión ultíma recae nas persoas.Por desgraza este caso goza dunha excepcionalidade dentro do contexto da Guerra Civil e probablemente derive tamén da escaseza de atentados anticlericais existentes no lugar, polo que o rencor acumulado por esa banda era moito menor que en outros lugares de España ou da mesma ferrolterra.


CURIOSIDADE 
Mentres achegaba información sobre estes sucesos, descubrin que o alcalde Pelayo Casal, tiña o seu negocio e a súa residencia particular ubiacada na casa onde hoxe, reside un curmán meu e antes residira a seu pai, irmán da miña avoa.

Cantas veces teremos que dicir, Nunca Mais?

De novo en colaboración co blog Galiciémonos, elaboramos un vidio documental que intenta explicar un pouco en que consistía o movemento cidadá, surxido no ano 2002 como resposta á incompetencia política durante o desastre do Prestidge. Espero que vos guste...





domingo, 24 de xaneiro de 2016

Quen é María Pita?

O novo proxecto proposto polo noso profesor de historia, é o de achegar información acerca de episodios nos que Galicia, como pobo ou encarnada nalgun dos seus habitantes, revelouse contra o establecido.
Como primeiro episodio ,e co afán de seguir unha orde progresiva no tempo, escollemos a figura de María Pita, unha muller galega que....
Mellor vos deixo este video feito en colaboración co blog Galiciémonos, no que se explica un pouco en que consistíu a súa heroicidade.


domingo, 13 de decembro de 2015

Dura como un Piñón

Maria Sanjurjo Gil naceu no novembro de 1898 (despois dun desastre sempre ten que vir unha alegria) e morreu no ano 1987.Filla do ebanista Ricardo Sanjurjo Piñon ( de ahi lle ven o nome polo que era coñecida, María del Piñon) e de María Gil Senra.

María era pequena pero non cativa, o que lle faltaba de tamaño o compensaba coa súa personalidade forte, que a piques estivo de costarlle algun que outro desgusto. Amante e amada dos mais pequenos, foi a encargada de coidar dos rapaces mais novos da familia e a pesar da fame que se pasaba naqueles anos, sempre conseguía aforrar para terlles preparado algun doce co que contentalos. Nin casou nin tivo fillos, o cal encaixaba perfectamente coa súa idea de muller moderna, ela repetialle á miña nai que non tiña que vivir ao servizo dos homes, ao contrario da mentalidade do resto de mulleres da época .Traballaba como costureira  e recibía dende Paris revistas especializadas. "Roxa" de corazón, non aturaba nin a curas nin a monxas dende que a súa irmá Mercedes probara a experiencia nun convento de clausura. Todo iso era María, pero se algo destacaba por encima de todo era a súa faceta de contacontos. Gran aficionada á lectura, acaparaba as miradas de todos nesas típicas noites galegas arredor da lareira nas que a falta de televisión María era a encargada de representar historias que se alongaban en ocasións ata a madrugada.No recordo dos seus testigos directos quedan alguns dos contos nos que mezclaba a súa magnifica imaxinación ,derivada da súa afición á lectura, coa propia historia que non vivira pero si chegara aos seus oidos. A pesaren desa mentalidade aberta propia dunha persoa cosmopolita, e malia que moitos dos seus parentes emigraron cara Cuba ou Uruguay, ela viviu toda a súa vida na aldea, nun recuncho de Agra de Abaixo, San Sadurniño. Vivia nunha especie de caserío con outras dúas veciñas, Estrella de Sixto e Clotilde. Malia non chegar a coñecela, tivo unha grande repercusión indirecta na miña formación como persoa, xa que foi ela quen se encargou en gran parte da educación da miña nai na súa infancia, inculcandolle un amor pola lectura e  uns valores, que mais tarde  me foron transmitidos.

ANECDOTAS

Miña tia avoa Angeles contaba entre risas a seguinte historia que ilustra o amor de María polos mais pequenos:
"Diante da nosa casa, vivía unha familia e tiñan un fillo. O rapaz baixaba moitas tardes lanzado coa súa bicicleta armando barullo. Un día María dixome que ese rapaz pasaba diante de Oscar (o fillo maior de Angeles) coa bicicleta pra darlle envidia porque se quixese podía sair pola outra entrada. Meu fillo non lle daba tanta importancia, nin o rapaz o facía con esa intención tampouco creo eu, pero ese mesmo ano, o día de reis, mandou a o meu irmán Martin a mercar unha bicicleta. Moito nos durou.... Ela era así.Morría polos pequenos."

Pero o seu forte caracter trouxolle algunha que outra vez situación de perigo. Miña nai contaba que súa avoa lle tiña narrado unha historia que María calaba por bergoña:
"Mi abuela me decía que un día iban las dos caminando por la carretera y María, que tenía esa mala costumbre, empezo a hacer ademanes recriminatorios a un camión que pasaba a toda velocidad. Normalmente pasaban de largo, pero esa vez el camionero, que debía de ser un poco bestia, bajo la ventanilla y le dijo que si hacía falta bajaba ahi a junto de ella. María se quedo callada y mi abuela que iba con ella ,tambien. Nunca hablo de ese tema, solo Amelia (a avoa da miña nai) lo contaba."

AS HISTORIAS DE MARÍA
Como xa dixen antes, María era unha gran contacontos, que conseguía coverter historias que unha persoa normal remataría en 45 min, en longas narracións de mais de dúas horas. Esa capacidade, unida á imaxinación e ao coñecemento de historias transmitidas oralmente, deu lugar a diversos tipos de historias.
Miña nai, testigo directo delas e unha das fontes mais importantes a traves da cal recollín información sobre María, contoume algunhas que vou expor de maneira resumida a continuación.

Os franceses na Ponte da Lousa
Durante a guerra de independencia, un grupo desperdigado de soldados do exercito francés dispuñase a atravesar Agra de abaixo, pasando pola Ponte da Lousa.Sen embargo un grupo de mulleres do lugar, fixeronse fortes nesa posición e servindose de pedras, atacaron o exército invasor ao seu paso.

A coitadiña das paredes da igrexa
Existen testimonios visuais dunha maquinas de tortura presentes na Igrexa de San Sadurniño, que foron retiradas xa fai tempo.Esto fai crecer a sospeita dunha posible relación desta igrexa co antigo tribunal da Inquisición. Froito de esta suposta relación, naceron lendas como unha que di que no muro interior do abside, encontrase emparedada unha xove que morreu torturada polo metodo da gota, debido á súa negativa a manter relacións co párroco.
María facía incape nesta historia debido ao seu manifesto rechazo a todo o relacionado coa xerarquía eclesiastica.


FOTOGRAFÍAS



Nesta foto tería arredor dos 18 anos mais ou menos

María con 20 anos mais ou menos levando un vestido tecido por ela mesma

María na esquina inferior dereita,irmás e uns sirventes da marquesa que eran coñecidos como "os lacaios da marquesa"


María de maior diante do millo nuns terreos de Agra

María,a nena coa cara rachada (por ela mesma xa que dicía que "non saía guapa")da parte dereita, xunto a súas compañeiras de colexio

María en Agra de Abaixo

María xunto a súa casa nunha tarde nevada

María, esquerda, xunto a súa familia 

María e o seu sobrino-neto, Marco

mércores, 25 de novembro de 2015

Un Bollo de 200 pstas

1,2,3....LUME!
Así remataba a vida de Bollo, un xoven mozo criado polos meus bisavos ,Mercedes e Francisco, que foi victima do réxime franquista sen terse pronunciado nunca a nivel político.Como el, multitude de mozos eran obrigados a  alistarse no bando "nacional" e ir a loitar á fronte.Se se negaban ou desertaban, serían castigados e incluso executados así que so lles quedaban dúas opcións, ir á fronte sabendo a sorte que lles esperaba, ou agocharse nos montes ou en agochamentos dentro de casas de familiares.

Bollo creceu en Prospes baixo o coidado de Mercedes.Tratabano como un fillo mais, e gozaba do cariño sinceiro por parte da súa familia "adoptiva".Tiña dúas irmás que vivían en cidades diferentes, unha en Ferrol e outra na Coruña.Pasou a sua mocidade tranquila, traballando como faría calquer mozo da idade da época, ata que chegou o ano 36.Coa maioría da idade xa alcanzada, foi chamado a filas polo bando golpista, o cal impuxérase de forma moi rápida no territorio galego, para loitar en cruzada contra todos eses "roxos" que traerían o fin de España coas súas ideas comunistas e ateas.El oía á xente bromear acerca dos roxos, dicindo: "cando chegue o comunismo, eu pidome a muller do médico, el que se quede co meu coche... jajajajajaja".Pero non lle facía gracia, porque tiña que morrer por algo que nin lle ía nin lle viña?so quería que lle deixasen vivir en paz a súa humilde vida labrega.

En contra da súa vontade, e con pouco mais dun fusíl, dirixese a loitar nun lugar de cuxo nome non queda recordo na miña familia.Tempo despois da súa saída , correse o rumor no pobo de que nesa batalla morreran todos os do seu reximento. Mercedes estaba a facer caldo, tiña a enorme ola na man cando entrou correndo un veciño que berraba"Mataron a Bollo, mataron a Bollo".A súa faciana volveuse branca ao momento, e deixando caer a pesada ola, desmaiouse.

Cando espertou viu entrar un home pola porta e segundo se acercaba a axudala íaselle facendo máis familiar.Cando puido velo cara a cara boutou un berro de terror, "Bollo!". Ao principio choraba cunha mezcla de medo e tristura por pensar que estaba vendo unha fantasma, pero axudada polas peticións do suposto espirito, foi dandose conta de que era real, estaba vivo.El explicoulle todo o que ocorrera mentres comia un cacho de pan con leite.Efectivamente o resto do seu rexemento fora aniquilado,pero el conseguira sobrevivir facendose o morto oculto entre outros cadaveres.

O regreso de Bollo traera de novo a alegria, pero pronto foi truncada por unha publicación mediante a cal se ofrecía unha recompensa a cambio da súa ubicación.Para protexelo acordan que Bollo pasase unha semana con unha irmá e outra con outra, vivindo a si entre Ferrol e A Coruña.

Sen embargo, como sempre, o egoismo dun home puido mais que a xenerosidade de varios.O chivatazo non tardou en chegar por parte dun xudas do seu pobo de orixe, que cambiou as 30 moedas de prata por a escandalosa cifra de: 200 pesetas, un diñeiral na época.

Bollo morreu axusticiado por traición e deserción. A súa memoria perdíase conforme morrían as súas irmas, as persoas que os coñeceron.Con esta entrada prentendo manter a súa historia, aunque distorsionada polo tempo gardado nos recordos da miña tía e literaturizada para facela mais amena.



domingo, 22 de novembro de 2015

Arbore xenealóxica do meu avó materno, Amando Romero Castrillón


Amando Romero Catrillón e o leite galego

"Días pasados, durante su estancia en la coruña, el ministro de Agricultura, señor Diaz Ambrona, visitó la Granja Diplomada que D. Francisco Romero Rey posee en San Saturnino(Prospes), que es verdadero modelo en su género y la primera en Galicia.Lo acompañaban los directores generales de Coordinación, Capacitación, Agricultura, Ganadería, Concentración Parcelaria, Vivienda: gobernador civil, señor Avendaño Porrúa, y otras autoridades.Recorrieron las instalaciones y comprobaron su excelente disposición, de acuerdo con los últimos adelantos. Las referidas personalidades felicitaron a los propietarios de la Granja Diplomada, que próximamente pondrá a la venta en La Coruña y El Ferrol leche certificada cruda de primerísima calidad.La puesta en marcha de la Granja Diplomada de San Saturnino(Prospes), ha sido posible gracias a la decisiva colaboración de autoridades de La Coruña y organismos en relacción con estas cuestiones."

Asi aparece reflexada a noticia da inauguración da primeira explotación de leite fresca certificada en toda Galicia nunha edición da Voz de Galicia de 1966, e que poderiamos situar como punto álxido da vida dun personaxe que sempre dara que falar.

Imaxe da noticia orixinal

Data de publicación do peiódico


BIOGRAFÍA XERAL

A finais do século XVII o marqués de San Sadurniño sae de Madrid camiño a este pequeno territorio galego, e leva consigo a parte dos seus serventes para traballar as súas propiedades. Neste sequito é moi probable que fose José Valcarcel Mejía(1790-1866) que se asentará no lugar de Prospes como arrendatarío do marques.
Escudo do marqués de San Sadurniño
 José contrae matrimonio cunha lugareña, Antonia Lago Lamas(1804-1891) coa que tera varios fillos, entre os cales se encontra Vicenta Valcarcel Lago(1838-1908) que contrae matrimonio con Tomás Romero Varela(1834-1907).Desta xuntanza sae Manuel Romero Valcarcel(1864-1950), que terá 14 fillos coa súa muller María Teresa Rey González ou María de Prospes(1869-1946), dos cales formaba parte Francisco Romero Rey(1904-1991).
Fotografía de Manuel Romero Valcarcel e María Teresa Rey González xunto ao seu horreo 

Francisco Romero Rey e Mercedes Castrillón Orjales
Francisco casa con Mercedes Castrillón Orjales(1912-1991),filla dun emigrante arruinado(Manuel Castrillón Rodríguez) e dunha moza atormentada polo seu padrastro(María Orjales Romeu), en Abril de 1930.Con ela ten catro fillos: María(1931) , Amando(1935), Manuel(1943) e Mercedes(1954) Romero Castrillón.Os catro fillos cursaron os estudos primarios entre as escolas de Lamas e San Sadurniño, pero agás Mercedes ningún rematou estudos superiores. Como facían todos os rapaces fillos de campesiños, unha vez rematada a escola puxeronse a traballar axudando en tarefas agricolas e coidando do pouco gando que tiñan.Amando dase conta de que razas vacunas mais orientadas á explotación leiteira podían resultar rentables e pouco a pouco, tenreira a tenreira , vanse facendo con novas cabezas. No ano 1954 compranlles ás ordes eclesiasticas de Cristorrei e Corazón de María, herdeiros da marquesa (María de la Natividad Quindós y Villaroel), as terras das que levaban sendo arrendatarios toda a vida e que se ubican no lugar de Prospes (San Sadurniño, A Coruña). Arredor do ano 1958 comezou o servicio militar obrigatorio ("mili") en Ceuta.  
Vista das terras e parte da Granxa en Prospes, San Sadurniño
Cinco anos despois casa con Celina María Azucena Sanjurjo Sixto(1944), coa que ten tres fillos: Gelasio(1969), Amando Segundo(1967) e  Celina María(1964) Romero Sanjurjo.No ano 1966 funda a primeira expltación de leite certificada de toda Galicia, inaugurada polo ministro de agricultura Adolfo Díaz-Ambrona Moreno.Anos despois funda unha nova explotación ubicada nas Enchousas (concello das Somozas) e cede a presidencia da outra granxa á súa irmá Mercedes, licenciada en Empresariales. Actualmente está retirado e actua unicamente como conselleiro das empresas.



COMPRA DAS TERRAS
No ano 1954 producese a compra das terras familiares en Prospes. A pesar de que este feito pode parecer vanal, é dunha grande importancia debido ao contexto no que se produciu, xa que neses anos o resto de labregos de San Sadurniño atopabanse loitando pola propiedade das terras que levaban traballando toda a vida como arrendatarios. 
A maioría destes labregos, apoiados polo cura local ,reclamaban o acceso gratuíto á terra mentres que Amando e un reducido grupo de outros cinco campesiños aproximadamente , optaban por comprarllelas ás ordes relixiosas que herdaran o patrimonio da Marquesa.
Este grupo e mediante mediación de Amando, conseguiron un prezo que rondaba as 250 pstas por ferrado, un diñeiral para a época pero que non se comparará ás mais de 1000 pstas por ferrado que tería que pagar o resto de campesiños unha vez perdido o xuízo que eles, mal asesorados, comezaran.
Anos mais tarde repitese unha situación moi similar, senon identica, coas terras das Enchousas que pertencían á duquesa de Pardo-Bazán.Amando, unha vez compradas as terras, ofrecelles aos seus antigos arrendatarios a opción de ocupar libremente unha parcela a cambio de el poder traballar tranquilamente no resto dos terreos. De novo mal aconsellados, paradoxicamente polos mesmos que perderan o litíxio polas terras de San Sadurniño, os paisanos resistense a salir.Este feito conlevará que se produzan unha serie de deshaucios pola forza que colleron sona inclusive na prensa nacional.

Galicia o la supervivencia del feudalismo rural

 Esta nova saía no Pais en 1986, enfocada dende o punto de vista dos campesiños, que para variar, non coínde co que conta o empresario e a súa familia, que foi victima dun acoso constante pola adquisición legal desas terras, cando os seus arrendatarios historicos negabanse a facelo coa intención de ampararse nun dereito inexistente que lles meteran na cabeza.


POR QUE BOHAL?
Ambalas dúas marcas ,coas que traballan as explotacións fundadas por este home, estan rexistradas como BOHAL.Sen embargo non era este o nome inicialmente escollido senon que foi o resultado de un cumulo de azares.
Os primeiros meses, a granxa funcionou co nome orixinal da marca, ROCAS (Romero Castrillón), pero por mor dunha denuncia tramitada dende Sevilla, vironse obrigados a cambiala.Dende Madrid(lugar onde se solucionaban os problemas burocráticos nos tempos da dictadura), deciuse poñer a marca BOAL que lles cedera o traballador ministerial, Valentín Gonzaléz Romero. Non obstante, o nome da marca coincidía cun pobo Asturiano , polo que vironse obrigados a intercalarlle un h.

Marca da primera explotación, Granja Romero S.A
A VISITA DO MINISTRO
Unha vez a granxa dispuña dos medios suficientes como para establecerse como empresa e pasar a uns niveis de venta  maires, faltaba solucionar a parte burocrática do asunto.Para legalizar a explotación facian falta as firmas do ministro de agricultura e do ministro da gobernación. Amando foi recibido polo ministro de agricultura e unha vez lle espuxera o seu caso, o señor Diaz-Ambrona comprometeuse a asinar o documento,conseguila a firma do outro ministro e mesmo ir a inaugurala sempre que conseguise o consentimento dunha autoridade ferrolá.
Pasou dias e dias acudindo ao despacho desta autoridade co fin de que o recibise e tras moito insistir conseguiu unha reunión con el, na que obteria o seu visto bó.
Pasado un tempo, tomariase a fotografía enriba mostrada que atestigua que o ministro cumprira a súa palabra.

O SEU LEGADO
Na actualidade encontrase xubilado, ainda que segue exercendo como conselleiro da empresa, da cal é presidenta a súa muller Celina e son socios os seus tres fillos: Celina, Amando e Gelasio.

A pesar de que a historia de este home daría para escribir un libro extenso, co exposto hasta agora pareceme suficiente para facerse unha idea dunha figura que soupo aprobeitar as oportunidades que se lle presentaron.