sábado, 13 de febreiro de 2016

Que veñen os camisas azuis!

Nesta quenda de entradas, tocaba falar de episodios de rebeldía na sociedade galega. Na anterior entrada falei dun, moi soado, e relativamente coñecido como é o de María Pita. A súa historia daría como minimo para unha pelicula, en gran parte polo halo de lenda que a recobre.Pero non quería quedarme so nos episodios heroicos e pasionais, asi que recorrin a miña memoria en busca dalgun suceso que contar, mais de actualidade e no que os protagonistas non acadaran a fama a pesaren da valía dos seus actos. E buscando e buscando, recordei que miña nai me falaba en moitas ocasións de que en San Sadurniño eramos uns afortudos, xa que apenas existiran represalias durante a Guerra Civil, e todo iso gracias ao cura e o sarxento da Garda Civil. Por este motivo os escollín como exemplo de "rebeldes moderados".

O 22 de xullo de 1936, triunfaba en Ferrol o alzamento que comezara uns días antes en toda España. Como ocorreu na maioria de Galicia, o bando sublevado apenas encontrou resistencia na sociedade ferrolá, a escepción duns enfrontamentos polo control do arsenal e outros producidos contra os tripulantes dun dos acoirazados que se mativeron fieis á republica. Días despois, os obreiros que fuxiran de Ferrol rumbo a Cedeira, tentaban mediante un mitín no campo da feira, formar un bloque de resistencia en San Sadurniño, pero a entrada pouco despois dunha patrulla militar golpista, botou todo por terra. Esa mesma patrulla sería a encargada de cesar ao alcalde Vicente Castro Naveiras e impoñer como novo correxidor ó empresario sexaxenario Pelayo Casal Novo.

Fotografía do alcalde destituido Vicente Castro Naveiras

A orde normal dos acontecementos houbera sido que unha vez establecido o novo goberno municipal, comezasen a producirse os famosos "paseos" de todos os chamados "roxos" dentro da propia xerga golpista, pero isto non ocorreu así. Grazas aos esforzos dos parrocos de San Sadurniño e Igrexafeita (Daniel Porto e Manuel Gesto Iglesias), así como os do sarxento da Garda Civil, Juan Rodriguez Rabanal, o numero de represaliados no pobo é practicamente de 0.

O parroco de San Sadurniño, Daniel Porto


Segundo testimonios de persoas que chegaron a mín a traves da miña nai, cando se ía producir unha redada, o propio sarxento , recorría porta por porta as casas dos aspirantes a "paseados" avisandoos de que fuxiran ao monte ou que se esconderan ata que pasara o perigo.

Pero co fin de achegar mais detalles sobre a situación, deixovos unha entrevista a unha persoa que aínda que moi pequena viviu na súa pel os sucesos de xullo do 36 e detalla bastante ben a situación antes do golpe e o medo durante a guerra asi como o caso especial de San Sadurniño.




Esta xente non é senon a constación de que independentemente do bando ou da ideoloxía, a decisión ultíma recae nas persoas.Por desgraza este caso goza dunha excepcionalidade dentro do contexto da Guerra Civil e probablemente derive tamén da escaseza de atentados anticlericais existentes no lugar, polo que o rencor acumulado por esa banda era moito menor que en outros lugares de España ou da mesma ferrolterra.


CURIOSIDADE 
Mentres achegaba información sobre estes sucesos, descubrin que o alcalde Pelayo Casal, tiña o seu negocio e a súa residencia particular ubiacada na casa onde hoxe, reside un curmán meu e antes residira a seu pai, irmán da miña avoa.

1 comentario: