domingo, 13 de decembro de 2015

Dura como un Piñón

Maria Sanjurjo Gil naceu no novembro de 1898 (despois dun desastre sempre ten que vir unha alegria) e morreu no ano 1987.Filla do ebanista Ricardo Sanjurjo Piñon ( de ahi lle ven o nome polo que era coñecida, María del Piñon) e de María Gil Senra.

María era pequena pero non cativa, o que lle faltaba de tamaño o compensaba coa súa personalidade forte, que a piques estivo de costarlle algun que outro desgusto. Amante e amada dos mais pequenos, foi a encargada de coidar dos rapaces mais novos da familia e a pesar da fame que se pasaba naqueles anos, sempre conseguía aforrar para terlles preparado algun doce co que contentalos. Nin casou nin tivo fillos, o cal encaixaba perfectamente coa súa idea de muller moderna, ela repetialle á miña nai que non tiña que vivir ao servizo dos homes, ao contrario da mentalidade do resto de mulleres da época .Traballaba como costureira  e recibía dende Paris revistas especializadas. "Roxa" de corazón, non aturaba nin a curas nin a monxas dende que a súa irmá Mercedes probara a experiencia nun convento de clausura. Todo iso era María, pero se algo destacaba por encima de todo era a súa faceta de contacontos. Gran aficionada á lectura, acaparaba as miradas de todos nesas típicas noites galegas arredor da lareira nas que a falta de televisión María era a encargada de representar historias que se alongaban en ocasións ata a madrugada.No recordo dos seus testigos directos quedan alguns dos contos nos que mezclaba a súa magnifica imaxinación ,derivada da súa afición á lectura, coa propia historia que non vivira pero si chegara aos seus oidos. A pesaren desa mentalidade aberta propia dunha persoa cosmopolita, e malia que moitos dos seus parentes emigraron cara Cuba ou Uruguay, ela viviu toda a súa vida na aldea, nun recuncho de Agra de Abaixo, San Sadurniño. Vivia nunha especie de caserío con outras dúas veciñas, Estrella de Sixto e Clotilde. Malia non chegar a coñecela, tivo unha grande repercusión indirecta na miña formación como persoa, xa que foi ela quen se encargou en gran parte da educación da miña nai na súa infancia, inculcandolle un amor pola lectura e  uns valores, que mais tarde  me foron transmitidos.

ANECDOTAS

Miña tia avoa Angeles contaba entre risas a seguinte historia que ilustra o amor de María polos mais pequenos:
"Diante da nosa casa, vivía unha familia e tiñan un fillo. O rapaz baixaba moitas tardes lanzado coa súa bicicleta armando barullo. Un día María dixome que ese rapaz pasaba diante de Oscar (o fillo maior de Angeles) coa bicicleta pra darlle envidia porque se quixese podía sair pola outra entrada. Meu fillo non lle daba tanta importancia, nin o rapaz o facía con esa intención tampouco creo eu, pero ese mesmo ano, o día de reis, mandou a o meu irmán Martin a mercar unha bicicleta. Moito nos durou.... Ela era así.Morría polos pequenos."

Pero o seu forte caracter trouxolle algunha que outra vez situación de perigo. Miña nai contaba que súa avoa lle tiña narrado unha historia que María calaba por bergoña:
"Mi abuela me decía que un día iban las dos caminando por la carretera y María, que tenía esa mala costumbre, empezo a hacer ademanes recriminatorios a un camión que pasaba a toda velocidad. Normalmente pasaban de largo, pero esa vez el camionero, que debía de ser un poco bestia, bajo la ventanilla y le dijo que si hacía falta bajaba ahi a junto de ella. María se quedo callada y mi abuela que iba con ella ,tambien. Nunca hablo de ese tema, solo Amelia (a avoa da miña nai) lo contaba."

AS HISTORIAS DE MARÍA
Como xa dixen antes, María era unha gran contacontos, que conseguía coverter historias que unha persoa normal remataría en 45 min, en longas narracións de mais de dúas horas. Esa capacidade, unida á imaxinación e ao coñecemento de historias transmitidas oralmente, deu lugar a diversos tipos de historias.
Miña nai, testigo directo delas e unha das fontes mais importantes a traves da cal recollín información sobre María, contoume algunhas que vou expor de maneira resumida a continuación.

Os franceses na Ponte da Lousa
Durante a guerra de independencia, un grupo desperdigado de soldados do exercito francés dispuñase a atravesar Agra de abaixo, pasando pola Ponte da Lousa.Sen embargo un grupo de mulleres do lugar, fixeronse fortes nesa posición e servindose de pedras, atacaron o exército invasor ao seu paso.

A coitadiña das paredes da igrexa
Existen testimonios visuais dunha maquinas de tortura presentes na Igrexa de San Sadurniño, que foron retiradas xa fai tempo.Esto fai crecer a sospeita dunha posible relación desta igrexa co antigo tribunal da Inquisición. Froito de esta suposta relación, naceron lendas como unha que di que no muro interior do abside, encontrase emparedada unha xove que morreu torturada polo metodo da gota, debido á súa negativa a manter relacións co párroco.
María facía incape nesta historia debido ao seu manifesto rechazo a todo o relacionado coa xerarquía eclesiastica.


FOTOGRAFÍAS



Nesta foto tería arredor dos 18 anos mais ou menos

María con 20 anos mais ou menos levando un vestido tecido por ela mesma

María na esquina inferior dereita,irmás e uns sirventes da marquesa que eran coñecidos como "os lacaios da marquesa"


María de maior diante do millo nuns terreos de Agra

María,a nena coa cara rachada (por ela mesma xa que dicía que "non saía guapa")da parte dereita, xunto a súas compañeiras de colexio

María en Agra de Abaixo

María xunto a súa casa nunha tarde nevada

María, esquerda, xunto a súa familia 

María e o seu sobrino-neto, Marco

mércores, 25 de novembro de 2015

Un Bollo de 200 pstas

1,2,3....LUME!
Así remataba a vida de Bollo, un xoven mozo criado polos meus bisavos ,Mercedes e Francisco, que foi victima do réxime franquista sen terse pronunciado nunca a nivel político.Como el, multitude de mozos eran obrigados a  alistarse no bando "nacional" e ir a loitar á fronte.Se se negaban ou desertaban, serían castigados e incluso executados así que so lles quedaban dúas opcións, ir á fronte sabendo a sorte que lles esperaba, ou agocharse nos montes ou en agochamentos dentro de casas de familiares.

Bollo creceu en Prospes baixo o coidado de Mercedes.Tratabano como un fillo mais, e gozaba do cariño sinceiro por parte da súa familia "adoptiva".Tiña dúas irmás que vivían en cidades diferentes, unha en Ferrol e outra na Coruña.Pasou a sua mocidade tranquila, traballando como faría calquer mozo da idade da época, ata que chegou o ano 36.Coa maioría da idade xa alcanzada, foi chamado a filas polo bando golpista, o cal impuxérase de forma moi rápida no territorio galego, para loitar en cruzada contra todos eses "roxos" que traerían o fin de España coas súas ideas comunistas e ateas.El oía á xente bromear acerca dos roxos, dicindo: "cando chegue o comunismo, eu pidome a muller do médico, el que se quede co meu coche... jajajajajaja".Pero non lle facía gracia, porque tiña que morrer por algo que nin lle ía nin lle viña?so quería que lle deixasen vivir en paz a súa humilde vida labrega.

En contra da súa vontade, e con pouco mais dun fusíl, dirixese a loitar nun lugar de cuxo nome non queda recordo na miña familia.Tempo despois da súa saída , correse o rumor no pobo de que nesa batalla morreran todos os do seu reximento. Mercedes estaba a facer caldo, tiña a enorme ola na man cando entrou correndo un veciño que berraba"Mataron a Bollo, mataron a Bollo".A súa faciana volveuse branca ao momento, e deixando caer a pesada ola, desmaiouse.

Cando espertou viu entrar un home pola porta e segundo se acercaba a axudala íaselle facendo máis familiar.Cando puido velo cara a cara boutou un berro de terror, "Bollo!". Ao principio choraba cunha mezcla de medo e tristura por pensar que estaba vendo unha fantasma, pero axudada polas peticións do suposto espirito, foi dandose conta de que era real, estaba vivo.El explicoulle todo o que ocorrera mentres comia un cacho de pan con leite.Efectivamente o resto do seu rexemento fora aniquilado,pero el conseguira sobrevivir facendose o morto oculto entre outros cadaveres.

O regreso de Bollo traera de novo a alegria, pero pronto foi truncada por unha publicación mediante a cal se ofrecía unha recompensa a cambio da súa ubicación.Para protexelo acordan que Bollo pasase unha semana con unha irmá e outra con outra, vivindo a si entre Ferrol e A Coruña.

Sen embargo, como sempre, o egoismo dun home puido mais que a xenerosidade de varios.O chivatazo non tardou en chegar por parte dun xudas do seu pobo de orixe, que cambiou as 30 moedas de prata por a escandalosa cifra de: 200 pesetas, un diñeiral na época.

Bollo morreu axusticiado por traición e deserción. A súa memoria perdíase conforme morrían as súas irmas, as persoas que os coñeceron.Con esta entrada prentendo manter a súa historia, aunque distorsionada polo tempo gardado nos recordos da miña tía e literaturizada para facela mais amena.



domingo, 22 de novembro de 2015

Arbore xenealóxica do meu avó materno, Amando Romero Castrillón


Amando Romero Catrillón e o leite galego

"Días pasados, durante su estancia en la coruña, el ministro de Agricultura, señor Diaz Ambrona, visitó la Granja Diplomada que D. Francisco Romero Rey posee en San Saturnino(Prospes), que es verdadero modelo en su género y la primera en Galicia.Lo acompañaban los directores generales de Coordinación, Capacitación, Agricultura, Ganadería, Concentración Parcelaria, Vivienda: gobernador civil, señor Avendaño Porrúa, y otras autoridades.Recorrieron las instalaciones y comprobaron su excelente disposición, de acuerdo con los últimos adelantos. Las referidas personalidades felicitaron a los propietarios de la Granja Diplomada, que próximamente pondrá a la venta en La Coruña y El Ferrol leche certificada cruda de primerísima calidad.La puesta en marcha de la Granja Diplomada de San Saturnino(Prospes), ha sido posible gracias a la decisiva colaboración de autoridades de La Coruña y organismos en relacción con estas cuestiones."

Asi aparece reflexada a noticia da inauguración da primeira explotación de leite fresca certificada en toda Galicia nunha edición da Voz de Galicia de 1966, e que poderiamos situar como punto álxido da vida dun personaxe que sempre dara que falar.

Imaxe da noticia orixinal

Data de publicación do peiódico


BIOGRAFÍA XERAL

A finais do século XVII o marqués de San Sadurniño sae de Madrid camiño a este pequeno territorio galego, e leva consigo a parte dos seus serventes para traballar as súas propiedades. Neste sequito é moi probable que fose José Valcarcel Mejía(1790-1866) que se asentará no lugar de Prospes como arrendatarío do marques.
Escudo do marqués de San Sadurniño
 José contrae matrimonio cunha lugareña, Antonia Lago Lamas(1804-1891) coa que tera varios fillos, entre os cales se encontra Vicenta Valcarcel Lago(1838-1908) que contrae matrimonio con Tomás Romero Varela(1834-1907).Desta xuntanza sae Manuel Romero Valcarcel(1864-1950), que terá 14 fillos coa súa muller María Teresa Rey González ou María de Prospes(1869-1946), dos cales formaba parte Francisco Romero Rey(1904-1991).
Fotografía de Manuel Romero Valcarcel e María Teresa Rey González xunto ao seu horreo 

Francisco Romero Rey e Mercedes Castrillón Orjales
Francisco casa con Mercedes Castrillón Orjales(1912-1991),filla dun emigrante arruinado(Manuel Castrillón Rodríguez) e dunha moza atormentada polo seu padrastro(María Orjales Romeu), en Abril de 1930.Con ela ten catro fillos: María(1931) , Amando(1935), Manuel(1943) e Mercedes(1954) Romero Castrillón.Os catro fillos cursaron os estudos primarios entre as escolas de Lamas e San Sadurniño, pero agás Mercedes ningún rematou estudos superiores. Como facían todos os rapaces fillos de campesiños, unha vez rematada a escola puxeronse a traballar axudando en tarefas agricolas e coidando do pouco gando que tiñan.Amando dase conta de que razas vacunas mais orientadas á explotación leiteira podían resultar rentables e pouco a pouco, tenreira a tenreira , vanse facendo con novas cabezas. No ano 1954 compranlles ás ordes eclesiasticas de Cristorrei e Corazón de María, herdeiros da marquesa (María de la Natividad Quindós y Villaroel), as terras das que levaban sendo arrendatarios toda a vida e que se ubican no lugar de Prospes (San Sadurniño, A Coruña). Arredor do ano 1958 comezou o servicio militar obrigatorio ("mili") en Ceuta.  
Vista das terras e parte da Granxa en Prospes, San Sadurniño
Cinco anos despois casa con Celina María Azucena Sanjurjo Sixto(1944), coa que ten tres fillos: Gelasio(1969), Amando Segundo(1967) e  Celina María(1964) Romero Sanjurjo.No ano 1966 funda a primeira expltación de leite certificada de toda Galicia, inaugurada polo ministro de agricultura Adolfo Díaz-Ambrona Moreno.Anos despois funda unha nova explotación ubicada nas Enchousas (concello das Somozas) e cede a presidencia da outra granxa á súa irmá Mercedes, licenciada en Empresariales. Actualmente está retirado e actua unicamente como conselleiro das empresas.



COMPRA DAS TERRAS
No ano 1954 producese a compra das terras familiares en Prospes. A pesar de que este feito pode parecer vanal, é dunha grande importancia debido ao contexto no que se produciu, xa que neses anos o resto de labregos de San Sadurniño atopabanse loitando pola propiedade das terras que levaban traballando toda a vida como arrendatarios. 
A maioría destes labregos, apoiados polo cura local ,reclamaban o acceso gratuíto á terra mentres que Amando e un reducido grupo de outros cinco campesiños aproximadamente , optaban por comprarllelas ás ordes relixiosas que herdaran o patrimonio da Marquesa.
Este grupo e mediante mediación de Amando, conseguiron un prezo que rondaba as 250 pstas por ferrado, un diñeiral para a época pero que non se comparará ás mais de 1000 pstas por ferrado que tería que pagar o resto de campesiños unha vez perdido o xuízo que eles, mal asesorados, comezaran.
Anos mais tarde repitese unha situación moi similar, senon identica, coas terras das Enchousas que pertencían á duquesa de Pardo-Bazán.Amando, unha vez compradas as terras, ofrecelles aos seus antigos arrendatarios a opción de ocupar libremente unha parcela a cambio de el poder traballar tranquilamente no resto dos terreos. De novo mal aconsellados, paradoxicamente polos mesmos que perderan o litíxio polas terras de San Sadurniño, os paisanos resistense a salir.Este feito conlevará que se produzan unha serie de deshaucios pola forza que colleron sona inclusive na prensa nacional.

Galicia o la supervivencia del feudalismo rural

 Esta nova saía no Pais en 1986, enfocada dende o punto de vista dos campesiños, que para variar, non coínde co que conta o empresario e a súa familia, que foi victima dun acoso constante pola adquisición legal desas terras, cando os seus arrendatarios historicos negabanse a facelo coa intención de ampararse nun dereito inexistente que lles meteran na cabeza.


POR QUE BOHAL?
Ambalas dúas marcas ,coas que traballan as explotacións fundadas por este home, estan rexistradas como BOHAL.Sen embargo non era este o nome inicialmente escollido senon que foi o resultado de un cumulo de azares.
Os primeiros meses, a granxa funcionou co nome orixinal da marca, ROCAS (Romero Castrillón), pero por mor dunha denuncia tramitada dende Sevilla, vironse obrigados a cambiala.Dende Madrid(lugar onde se solucionaban os problemas burocráticos nos tempos da dictadura), deciuse poñer a marca BOAL que lles cedera o traballador ministerial, Valentín Gonzaléz Romero. Non obstante, o nome da marca coincidía cun pobo Asturiano , polo que vironse obrigados a intercalarlle un h.

Marca da primera explotación, Granja Romero S.A
A VISITA DO MINISTRO
Unha vez a granxa dispuña dos medios suficientes como para establecerse como empresa e pasar a uns niveis de venta  maires, faltaba solucionar a parte burocrática do asunto.Para legalizar a explotación facian falta as firmas do ministro de agricultura e do ministro da gobernación. Amando foi recibido polo ministro de agricultura e unha vez lle espuxera o seu caso, o señor Diaz-Ambrona comprometeuse a asinar o documento,conseguila a firma do outro ministro e mesmo ir a inaugurala sempre que conseguise o consentimento dunha autoridade ferrolá.
Pasou dias e dias acudindo ao despacho desta autoridade co fin de que o recibise e tras moito insistir conseguiu unha reunión con el, na que obteria o seu visto bó.
Pasado un tempo, tomariase a fotografía enriba mostrada que atestigua que o ministro cumprira a súa palabra.

O SEU LEGADO
Na actualidade encontrase xubilado, ainda que segue exercendo como conselleiro da empresa, da cal é presidenta a súa muller Celina e son socios os seus tres fillos: Celina, Amando e Gelasio.

A pesar de que a historia de este home daría para escribir un libro extenso, co exposto hasta agora pareceme suficiente para facerse unha idea dunha figura que soupo aprobeitar as oportunidades que se lle presentaron.



sábado, 14 de novembro de 2015

Cambian as tornas

Ata agora as entradas do blog ian encamiñadas a aclarar un pouco as incognitas acerca das nosas raices como pobo, como ente cultural. Pero se se trata de raices por que non afondar un chisco nas nosas? Porque non achegar a maior información que poidamos acerca dos nosos antepasados mentres as fontes orais o permitan?
A partir deste intre farei un repaso ás figuras mais ilustres da MIÑA familia, porque é grazas a esta xente que eu estou aqui e son o que son e porque ademais tiveron unha participación directa na historia de Galiza.

domingo, 8 de novembro de 2015

San Prisciliano?

Cando falamos da cristianización da cultura castrexa, adoitamos tomar este feito como algo común a toda a Igrexa pero , a pesar de que si era esta corrente a imposta polos altos cargos e a posta en práctica, existían retractores que abogaban por unha convivencia cultural.Tal era o caso de Prisciliano, personáxe nacido na Gallaecia é que obstenta o macabro record de seren o primeiro condeado a morte por herexía.

Imaxen de Prisciliano

 Prisciliano nace en Gallaecia arredor do ano 340 d.c no seno duhna familia de clase alta. En torno ao ano 375 d.c comeza a difundir as suas ideas, "revolucionarias" para a época, xa que ían en contra de certos aspectos do dogma que a Igrexa intentaba establecer como método de cohexión relixiosa en todo o imperio. A igualdade de sexos, o respeto ás tradiccións e culturas dos territorios e a tolerancia que promulgaba, non podían ser toleradas por unha Igrexa ,que temía a perda da súa hexemonía recentemente alcanzada.

A pesar do impopular das súas ideas na cúspide eclesiastica, si tiñan un grande calado social, que se reflexaba nunha crecente popularidade entre a poboación nativa de Hispania e Gallaecia. Froito desta, e apoiado por dous bispos defensores do seu ideario, accede no ano 381 ao bispado de Ávila cuxa bacante quedara libre pola morte do anterior sustentador do cargo.

Pero este feito non sentou ben na Igrexa .Polo que é denunciado ao bispo de Roma, que nese intre era Dámaso. A pesar de non ser recivido por el, e despois de recurrir a o mesmisimo emperador, consegue que se abra unha investigación contra os dous denunciantes e que a súa causa se traslade a Hispania.Se todo seguise este cauce o mais probable é que o xuizo quedase en nada, pero un cambio repentino da situción fara que cambien as tornas na contra de Prisciliano.

O emperador que arquivara a súa causa, Graciano, é derrocado polo hispano Magno Máximo. O usurpador, coa intención de posuir o apoio da Igrexa e de Teodosio(emperador de Oriente), adopta unha postura antipriscilianista e condea a morte por herexía a Prisciliano e aos seus seguidores na cidade de Treverorum (actual Treveries, Alemaña).

Execución de Prisciliano
Situación aproximada da cidade romana de Treverorum


Ata aqui todo é historia constatada, pero a partir de agora comeza a "lenda". Despois de morrer executado, os seguidores de Prisciliano deciden traelo de volta á que fora a súa casa e na que comezára a difundir as súas ideas, Gallaecia. Tras realizar o traslado dos seus restos e chegar á súa provincia natal, deciden enterralo nunha zoa céntrica do territorio. A maioría dos habitantes ,todavía fieis, iniciaran unha tradición de peregrinaxe cara o seu cadaleito que pervivirá durante varios séculos ata que o rey astur Alfonso II, como pretexto para iniciar a Reconquista( que non tiña nada de re), forma arredor deses restos o mito de Santiago Apostol, cuxa repercusión estendese ate o día de hoxe.

Estatua adicada a Alfonso II o casto en Santiago de Compostela

Imáxe do Camiño de Santiago


Todo o dito neste último parágrafo tratase dunha teoría moi aceptada pero non comprobada dado que a Igrexa non permite a profanación do sepulcro de Santiago que permitiría aclarar dúbidas mediante a datación.Se ven é certo que este analise sería unha forma sencilla de aclarar a polémica imperante en torno a este asunto, a posición da Igrexa é totalmente respetable xa que na moral cristiana considerase moi grave o feito de profanar cadaleitos e mais ainda se se trata dun santo.Non obstante tamén cabe salientar que detras desta negativa non só estarían os principios morais, senón que se agocharía un trasfondo económico debido á forte repercusión que a peregrinaxe exerce sobre  a economía local e eclésiastica.

Sepulcro do apostolo Santiago

DATOS CURIOSOS
- Na mesma cidade de Treveris nacería séculos despois o gran ideólogo comunista Karl Marx.
-Os seguidores de Prisciliano eran alcumados como os descalzos (por razóns obvias) é pese a non parecelo, este feito supoñía unha afrenta á Igrexa.Esta relacionaba a desnuez nos pes como unha convivencía coas culturas pagás ,dado que Xesús utilizaba sandalias.

luns, 2 de novembro de 2015

Na busqueda do castro perdido


Hoxe andamos de visita por San Sadurniño, o meu pobo natal. A maioria dos que ali vivimos descoñecemos a existencia de castro algún, pero a realidade é que a zoa do val do Xuvia debía de poseer grande importancia para os seus habitantes, xa que estructuraron un complexo defensivo para defendelo.Este complexo estaba formado por 5 castros situados en lugares elevados e de forma que nalgun caso existía un contacto visual directo entre eles.

Nesta imaxe observanse en vermello os puntos onde estaría situado un castro


Coa intención de arroxar un pouco de luz sobre este tema , dous compañeiros e mais eu tomamos o camiño cara un dos castros tendo que atravesar o pequeno monte no que se encontraba e que actualmente pertence a un venciño que utiliza os terreos para a plantación de eucaliptos. Segundo vamos avanzando vamonos dando conta de que ese era o terreo idoneo para un castro, dada a sua situación elevada que fai lixeiramente tediosa a ascensión. Apiadome dos pobres invasores que tivesen a mala idea de tentalos invadir.



No noso traxecto vamos documentando fotograficamente todo mentres tentamos situar o espazo no que se atoparía o castro. Xa levabamos un bo tempo subindo cando apreciamos como o balado dun terreo ía collendo forma circular. Parecían apreciarse pedras colocadas en forma de muro e ilusionados comezamos a investigar.Chegando incluso a situar o que podería ser unha das vivendas. Foi nese preciso intre cando recibimos o aviso de que estabamos a buscar no sitio equibocado e que a zoa que buscabamos quedaba mais costa arriba.

Confundimos as rochas propias do terreo con vestixios do muro do castro

Cada vez que atopabamos unha pedra crecía a nosa ilusión

A forma curvada do terreo facianos pensar que estabamos no castro

Nesta panoramica apreciase a forma do terreo que creiamos castro


Coa moral un pouco tocada dispuñemonos a subir rapidamente para aprobeitar ao máximo o tempo antes de que se fixese de noite.Conforme nos achegamos ao cumio ia crecendo en min a sensación de trasladarme no tempo, de non ser porque no canto de carballos había eucaliptos, podería estar perfectamente na Gallaecia romana metendome na pel do pobre soldado que tivese a misión de achegarse ao castro, cargado co seu pesado material militar.

Sendeiro que conducía ao cumio do monte onde se situaba o castro


Foi chegar ao cumio e saber que eso tiña que ser un castro.Non se observaba nin un so resto de pedras a simple vista pero tan so con dar un paseo ao seu redor daste conta de que esa forma circular nun terreo tan plano non pode ser casualidade.Paramonos un pouco para observar as vistas (inmellorables tanto estetica como defensivamente) e documentar un pouco mais o noso paso por ali.

Apreciase a forma do que poderían ser os muros do castro

Aqueles lugares non saturados de eucaliptos deixaban relucir unhas vistas privilexiadas




É certo que non había "nada" pero á vez o tiña todo. Tan so se observaba a forma do que fora, pero non facía falta nada mais. A imaxinación faría o resto.



Compre dar as gracias aos editores dos blogs Galiciémonos(Pablo) e Galiciamamos (Jorge), cos que realicei de forma conxunta esta incursión na busqueda do pasado.


Xeolocalización do castro

domingo, 25 de outubro de 2015

Non me chames Halloween, chamame Samhain

Cada dia que pasa esta mais preto ese intre no que moita xente se disfrazará de mounstro ou de calquera cousa que lle faiga gracia e sairá pola noite, coa excusa de que é Halloween. Como ocorre con todo o americano o facemos noso en pouco tempo, e non nos importa que sea foraneo, simplemente porque o producto yankie "mola" mais.
Pero e si vos dixera que non é deles.Que ,como fan coa maioria dos seus éxitos internacionais, é unha tradición expoliada e renomeada que pertencía a todos os pobos celtas.Pero non lle vamos cargar con toda a culpa a os pobres yankies, xa que eles simplemente son uns ases da asimilación de culturas, como foron previamente os romanos e os cristians, que fan crecer un autodio nos pobos hacia a tradición autoctona e xa descoñecida que realmente idolatran se se esconde tras un pasaporte extranxeiro.

Símbolos das tradicións mais famosas adoptadas polos americanos


Efectivamente o Halloween provén dunha festividade celta coñecida como Samhain, celebrada no día do fin das colleitas que ía adicada á rememoración da morte e dos ancestros.Nestas culturas a comunión coa morte era enorme e non a concevian como algo negativo senon como un reencontro con outros que finaran antes ca eles.
No canto de cabazas talladas, a noite do 31 de outubro, colocabanse caveiras con velas no interior que servían para impedir que os espiritos te molestasen.Pero non quedaba ahi a cousa, xa que esa noite estaba cargada de ritos e de misticismo.Todos os anos nesa data os druidas salian ao monte na procura de muerdago coas suas fouces de ouro que utilizarian despois para a fabricación de pócimas.De volta na aldea, colocaban lumes en lugares especificos para afastar aos trasgos,  e unha vez caida a noite, os habitantes da aldea atrancaban as portas e se disfrazaban con pelellos de animais para despistar aos malos espiritos.Se algun se armaba de valor e deixaba pasar cando lle petaban na porta, podía ocorrer que fose un hada de fogar ( nese caso tería sorte o ano seguinte) ou que se tratase dun trasgo (se era asi, a mala sorte entraría con el e se quedaría durante o vindeiro ano).


Druidas recollendo muerdago (planta parásito que despois utilizaban nas súas pocimas)


Representación moderna dun trasgo (seres malignos portadores da mala sorte)

Esta tradición pervivía nos pobos celtas ata que (arredor do século VI d.C.)a Igrexa instaurou un día adicado unicamente aos defuntos. Estouvos a falar do Dia de todos os Santos que ainda hoxe se celebra e que serviu como método de asimilación relixiosa por parte da Igrexa sobre as costumes pagás.Nun principio este día foi imposto como sustituto da festividade mais macabra dos celtas, Lemuria. Estes pobos creian que o 13 de maio os espiritos malignos salían dos seus cadaleitos para asustar e facer o mal. Esta nova festividade arraigou pronto no mundo celta e por mor desa crecente polularidade, os dirixentes da Igrexa decidiron cambialo ao día 1 de novembro coa intención de restarlle forza ao Samhain.Por se iso non fose suficiente, estableceron o 2 de novembro como o Dia dos Defuntos, coa intención de rematar definitivamente co Samhain.

Hoxe por hoxe o Día dos Defuntos ten unha enorme importancia sobre todo na cultura mexicana

Pero vos preguntaredes como puido chegar esta tradición a pisar chan americano. Pois ben, no século dezaoito produciuse en Irlanda unha gran hambruna derivada das malas colleitas e os fungos, que provocou a emigración en masa cara EEUU, levando consigo tradicións como o Día de San Patricio ou o propio Halloween ( palabra que provén do ingles "Hallow's eve" ou véspera de defuntos).A pesar de que os colonos puritanos tentasen evitar a súa proliferación.

Espero que esta entradiña sirva para non mirar as nosas tradicións como algo estúpido e sen interés, porque esas tradicións que rexeitamos, tal vez ,e só tal vez poidamolas estar alabando polo mero feito de estar disfrazadas de extranxeiras.


APUNTE INTERESANTE
Navegando na procura de información acerca do Samahin encontrei referencias aos cruceiros como parte desta tradición. O que se viña a dicir é que os cruceiros proviñan das estacas que os celtas puñan no cumio dos milladoiros coas cabezas dos seus adversarios. Se ben é certo que esta teoria encadra  cos ritos celtas, eu continúo decantandome pola teoria que espuxen na anterior entrada xa que considero que a enorme cantidade de restos atopados non poden ser casualidade senon evidencias de unha tradición anterior.

Se queredes podedes ver este documental do canal historia que aborda mais profundamente a orixe de Halloween e as súas costumbres:https://www.youtube.com/watch?v=DkHKnxX1hz8

domingo, 18 de outubro de 2015

Os Lares. Unha tradicción galega?

O noso profesor díxonos que tiñamos que aprender a mirar o noso arredor doutra forma.Eu pensei que para facelo precisaba de informarme un pouco mais da mitoloxia celta porque asi comprendería mellor por que facían as cousas.Entre páxinas e blogs, vin escrita a palabra "Lar".Sabía que os Lares eran deuses romanos e preguntábame que terían os lares que ver coa tradicción celta. Seguin procurando información e dinme conta de que algo que endexamais relacionaria sequera con Galicia, tiña a sua orixe nela.

Lares romanos: deuses xeralmente adicados á protección dos fogares

No proceso de Romanización,os romanos levaban a cabo unha asimilación cultural que ían adaptando segundo o pobo. No noroeste da península funcionaron con especial efectividade os "Lares Viales", deuses protectores dos camiños que arraigaron forte na cultura celta, que xa contaba cunha serie de ritos (asociados ao deus Lug) para a protección dos camiños.Polo tanto bastou con renomear eses ritos, mantendo a tradición pero chamandolles aos deuses; Lares no canto de Lug.
Lug: deus mais importante da mitoloxía celta que  relaccionaban con todas as cousas 

Pero a verdadeira importancia deste feito reside en que a sua tradición chega ate o dia de hoxe. Os romanos non fixeron mais que cambiarlle o nome á deidade pero o rito ,consistente en amorear pedras ás veiras dos camiños para agradecerlle aos deuses o feito de chegar a salvo ao seu destino, seguiu perdurando secúlos e séculos, sobrevivindo ao cristianismo que limitouse de novo a cambiar o receptor das oracións e añadir unha cruz a esas moreas de pedras(milladoiros) ,formando o que hoxe coñecemos como cruceiros.

Distribución dos altares a Lares Viales encontrados en todo o imperio romano
Sobre este tema escribiu Castelao que no seu libro,As cruces de pedra na Galiza.E aínda que non fai referencia directa aos Lares si menciona o pasado celta dos cruceiros que reside nos milladoiros ou amilladoiros.

Portada de As cruces de pedra na Galiza

Pouco se sabe sobre os Lares ou polo menos é pouco coñecido, pero o certo é que teñen unha grande importancia na nosa cultura se nos paramos a pensar que temos  descubertos en Galicia mais do 50% do total de altares adicados a estes deuses dos camiños en todo o imperio romano.

Altar adicado aos Lares Viales ou deuses protectores dos camiños

O mesmo que pasa con estos altares pasas cos monumentos megalíticos e restos prehistóricos, e é que Galicia posee unha enorme colección de restos antiquísimos aos que apenas lle damos importancia. Pero non porque non nos interese ou non sexamos bos habitantes da nosa terra, senon porque levan tanto tempo formando parte da nosa tradicción e da nosa vida cotiá que xa somos incapaces de recoñecelos como algo magnifico e digno de admirar.

Para saber un pouco mais dos Lares romanos e da súa evolución deixovos unha breve presentación:



mércores, 7 de outubro de 2015

Canto tempo.....

Bueno unha vez xa nos deron as directrices de como andar por este mundillo podemos comezar ,despois de un longo tempo de espera,coas publicacións sobre historia de galicia propiamente ditas.

Sen mais COMEZAMOS

martes, 29 de setembro de 2015

Comezamos a viaxe

Unha vez aclarado o por que do nome, toca meterse en materia e a partir desta entrada comezamos unha viaxe pola historia de Galicia que abarcara dende a Prehistoria ata a época actual.
En cada entrada tentaremos de amosar algo novo da nosa cultura para acabar o ano sabendo un pouco da nosa terra e a sua plural historia.

domingo, 27 de setembro de 2015

O Wolframio na literatura galega

Esta pedra non so tivo unnha grande importancia para aquelas persoas que se enriquezeron á súa costa(os menos), senon que permanece nos recordos de moitos contemporaneos que non tiveron sorte na sua procura. Esto lle ocorre a Xosé Neira Vilas que no seu libro "Aquel neno" adica unha historia a este peculiar mineral.




E con esta referencia literaria rematamos por agora co do wolframio que da nome ao blog. Ainda que este tema pode dar moito mais de si.

venres, 25 de setembro de 2015

Galicia terra de wolfram?

Ainda que moita xente non o sabe ,Galicia supuxo unha peza fundamental para a producción do temido armamento  aleman durante o transcurso da 2ª Guerra Mundial.
A nosa terra é unha das mais ricas do mundo en Wolframio( tamen coñecido como Tungsteno), material codiciado pola sua dureza á hora da fabricación de armamento. Isto unido ao conflicto que iniciou o Fürer contra os seu principal suministrador ( a URSS) converteu Galicia nun territorio punteiro en extracción de wolframio.
E de feito, ainda que as explotacións foron cedidas por Franco aos nazis, foron numerosos os galegos que se enriqueceron da extración(de forma clandestina) deste mineral tan desexado ata o fin da guerra en 1945.
Cinta transportadora de Wolframio(San Fins,Galicia)

xoves, 24 de setembro de 2015

BENVIDOS A TERRA DE WOLFRAM

Benvidos a Terra de Wolfram un recuncho da rede no que encontraredes anacos e curiosidades da historia e a xeografía galega. Ainda que nacemos como un medio de traballo esperamos server en algo a todos aqueles que se queiran entreter un pouco e coñecer algo mais.
Ata a proxima entrada.Que será pronto...