mércores, 25 de novembro de 2015

Un Bollo de 200 pstas

1,2,3....LUME!
Así remataba a vida de Bollo, un xoven mozo criado polos meus bisavos ,Mercedes e Francisco, que foi victima do réxime franquista sen terse pronunciado nunca a nivel político.Como el, multitude de mozos eran obrigados a  alistarse no bando "nacional" e ir a loitar á fronte.Se se negaban ou desertaban, serían castigados e incluso executados así que so lles quedaban dúas opcións, ir á fronte sabendo a sorte que lles esperaba, ou agocharse nos montes ou en agochamentos dentro de casas de familiares.

Bollo creceu en Prospes baixo o coidado de Mercedes.Tratabano como un fillo mais, e gozaba do cariño sinceiro por parte da súa familia "adoptiva".Tiña dúas irmás que vivían en cidades diferentes, unha en Ferrol e outra na Coruña.Pasou a sua mocidade tranquila, traballando como faría calquer mozo da idade da época, ata que chegou o ano 36.Coa maioría da idade xa alcanzada, foi chamado a filas polo bando golpista, o cal impuxérase de forma moi rápida no territorio galego, para loitar en cruzada contra todos eses "roxos" que traerían o fin de España coas súas ideas comunistas e ateas.El oía á xente bromear acerca dos roxos, dicindo: "cando chegue o comunismo, eu pidome a muller do médico, el que se quede co meu coche... jajajajajaja".Pero non lle facía gracia, porque tiña que morrer por algo que nin lle ía nin lle viña?so quería que lle deixasen vivir en paz a súa humilde vida labrega.

En contra da súa vontade, e con pouco mais dun fusíl, dirixese a loitar nun lugar de cuxo nome non queda recordo na miña familia.Tempo despois da súa saída , correse o rumor no pobo de que nesa batalla morreran todos os do seu reximento. Mercedes estaba a facer caldo, tiña a enorme ola na man cando entrou correndo un veciño que berraba"Mataron a Bollo, mataron a Bollo".A súa faciana volveuse branca ao momento, e deixando caer a pesada ola, desmaiouse.

Cando espertou viu entrar un home pola porta e segundo se acercaba a axudala íaselle facendo máis familiar.Cando puido velo cara a cara boutou un berro de terror, "Bollo!". Ao principio choraba cunha mezcla de medo e tristura por pensar que estaba vendo unha fantasma, pero axudada polas peticións do suposto espirito, foi dandose conta de que era real, estaba vivo.El explicoulle todo o que ocorrera mentres comia un cacho de pan con leite.Efectivamente o resto do seu rexemento fora aniquilado,pero el conseguira sobrevivir facendose o morto oculto entre outros cadaveres.

O regreso de Bollo traera de novo a alegria, pero pronto foi truncada por unha publicación mediante a cal se ofrecía unha recompensa a cambio da súa ubicación.Para protexelo acordan que Bollo pasase unha semana con unha irmá e outra con outra, vivindo a si entre Ferrol e A Coruña.

Sen embargo, como sempre, o egoismo dun home puido mais que a xenerosidade de varios.O chivatazo non tardou en chegar por parte dun xudas do seu pobo de orixe, que cambiou as 30 moedas de prata por a escandalosa cifra de: 200 pesetas, un diñeiral na época.

Bollo morreu axusticiado por traición e deserción. A súa memoria perdíase conforme morrían as súas irmas, as persoas que os coñeceron.Con esta entrada prentendo manter a súa historia, aunque distorsionada polo tempo gardado nos recordos da miña tía e literaturizada para facela mais amena.



Ningún comentario:

Publicar un comentario