sábado, 26 de marzo de 2016

San Sadurniño, terra de saraiba

De tratar a canción galega habería moitos sitios por onde empezar. Poderiamos tratar a musica tradicional, os grupos e cantantes autoctonos ... Pero tentando enfocalo dende un punto de vista mais persoal, decidín falar dun dos grupos folk galegos mais influintes de finais do século XX e o cal por razóns de parentesco tocame moi de preto.

A pesaren de que a música folk non é a miña preferida e tampocouco o mundo musical en xeral levantoume nunca unha pasión desatada, si que é certo que dende pequeniño crecín vendo aparcada unha furgoneta verde cun logotipo dun paraugas polas rúas do meu pobo. Sempre que preguntaba respondíanme que fora o medio de transporte dun grupo que fundaran meus tíos avós xunto con outros amigos da vila. Ao principio levantabame a intriga e a admiración, pero pronto olvidabao e volvia aos meus xogos. Mais adiante coa furgoneta xa desaparecida, comecei a facerme unha idea verdadeira do que fora SARAIBAS, ou iso pensaba eu. Na miña imaxinación aparecia como un grupo famoso sen un estilo definido e sen ningunha canción coa que relacionalos. Así que o día no que na clase sobre a música galega recoñecín a voz do meu tío Miguel, tiveno claro, a miña seguinte entrada ía a tratar sobre Saraibas.

Furgoneta de Saraibas

O grupo nace dunha pandilla de amigos de San Sadurniño que se adicaban a tocar nas bodas e nas igrexias, divertindose e sacando uns cartiños.No ano 1978 gañan de forma indiscutible o concurso de bandas folk celebrado nas Somozas, tendo en conta que eran os únicos que participaban, e alí comeza a súa andadura como Saraibas.Compoñen o seu primeiro album en 1980, "Unha terra, un pobo e unha fala", no que deixan claro o que pretenden coas súas cancións, levar a cabo unha defensa da lingua e a cultura propias.O grupo que nun primeiro momento levaba o nome de Chorima, estaba formado por Miguel e Martín Sanjurjo, Avelino e Regina Cinza, Enma Calvo e Elisa García.Comezaron a súa andadura extranxeira conxuntamente co grupo Milladoiro, como teloeiros do Ballet Galego Rei de Viana en Venezuela, para despois expandirse mais polos centros galegos de Europa. Pero logo destas primeiras xiras o grupo foi introducindo novos colaboradores como Oscar Sanjurjo,que despois pasou a traballar no seu propio grupo, Os Cempés; Amparo Calvo...Ata rematar como grupo no ano 2004 trala saida definitiva dun dos seus fundadores, Miguel Sanjurjo. Hoxe en día, outro dos fundadores, Martín Sanjurjo continua en activo co grupo Balakandra.


Saraibas é unha boa mostra de como apostar polo propio resulta moitas veces a única maneira de competir co de fora e de feito ese impetu de tirar pola terra levoulles a rechazar un contrato coa poderosa discográfica madrileña, Philips. Quen sabe que pasaría se aceptasen a oferta, o único que sabemos e o que pasou cando a rexeitaron, sendo fieis a un espiritu e a unhas ideas, que ao fin e ao cabo é o que importa.




                                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario