domingo, 3 de abril de 2016

Galería de meu

Con esta entrada poño punto e final ao ciclo cultural, que a pesaren de que ao principio o afrontei con certo receo, trouxo a min unha serie de experiencias moi enriquecedoras, que me ensinaron que existe outro mundo mais alá do cine comercial, independentemente de que te guste ou non, e que serviron pra coñecer un pouco mellor a miña historia familiar. É por iso que me costou atopar un tema sobre o cal falar, pois xa non encontraba unha nova via pola cal tirar. Ao final, e logo de pensar durante unha hora a lo menos, decidinme; ía falar sobre pintura. Non porque sexa eu un grande amante das artes plasticas, senon porque picabame moito a curiosidade de cales podían ser os mellores pintores que deu Galicia, e como serian as súas obras.

Para poder facer unha entrada partindo de cero, hay que informarse, e nesa busqueda de información atopei como primeira referencia unha paxina que me foi servindo como galeria do arte galego contemporaneo dende a casa, e como ali explicaran mellor os datos biograficos dos artistas, eu limitareime a escoller as obras que mais me gusten e expresar o que me transmitan.

Mariscadoras, José Ramón Iglesias
A obra do pintor coruñes e unha das miñas favoritas, pola sinxeleza das persoas que representa e o cotidiano das esceas, pero sobre todo polo xogo de cores e de luces e sombras, que fai que cada unha das súas obras, provoquen en min a sensación de placidez e de relaxación.

Torero a caballo, de José Ramón Iglesias



Irmandiños, Perico Castro Couto
A obra de Perico, autor de orixe Ferrolá, e moi divertida, pois xoga coa idea de miniatura medieval, dandolle unha perspectiva mais innovadora e enchendo as súas obras de cores que forman unha serie de contrastes que supoñen xunto coas formas que rodean as miniaturas, un impacto para o espectador.

Marina, Rafael Romero
Deste pintor tamén ferrolán, destacaria a maestría coa que reproduce as escenas maritimas, quizais teña que ver con que o seu estilo preferido sexa a acuarela, pero na miña opinión as súas pinturas sobre o mar transmiten a forza e a bravura do elemento, sendo diganas de mención.

Entre estaciones, Rosa Elvira Caamaño

Unha das miñas favoritas, polo contrario que o era Jose Ramón, se un xoga coa sinxeleza  a outra o fai co detallismo e a precisión, sobre todo na pintura ao oleo como sería a imaxe de arriba pero tamén no debuxo a lápiz, como na pintura inferior.

Restos de almuerzo, Rosa Elvira Caamaño
Combarro, Abelardo Miguel Lopez Leira
Quizais pola pinceada ou tal vez por estaren a maioria feitas en tela, as súas obras transmiten unha textura e un xogo de cores moi atractivos á vista do espectador.

Cadro de José Otero Aveledo, Lareixo
Pareceme importante nomear a este autor, pois ainda que non é do meu agrado, parece ser un dos pintores galegos mais importantes do século XX, representante das vangardas galegas na pintura, sendo influenciado polas correntes europeas e en especial medida polo seu admirado Picasso ( podese apreciar no cadro superior). Para obter mais información del e disfrutar dalgunha das súas obras podedes acceder a páxina da fundación Lareixo.

Para rematar quero facer fincapé no feito de que esta non é unha recopilación dos pintores galegos mais importantes, nin os mais influintes, é simplemente unha mostra de pintura galega, que por diferentes razóns causan en min unha serie de sensacións que me permiten mirar esas obras con admiración .


Ningún comentario:

Publicar un comentario