domingo, 24 de abril de 2016

Igual de mal...

O ano 2050, é un ano de guerra, pero ainda así as organizacións que quedan activas, organizan actos para dar un  pouco de normalidade á situación. Na plaza do obradoiro, centro da irreductible cidade de Santiago, celebrase un acto do Consello de Igualdade das Nacións Unidas, das poucas que quedan.

                                                                          .....................

-Filla, algún día todo ha cambiar xa veras. Algun día as mulleres xa non seremos noticia semanal nos telediarios. Algun día non habera unha gran muller detras de cada gran home, senon ao seu caron. Algún día todos os homes serán homes e non monstruos. Algun día habemos cobrar o mesmo polo mesmo traballo. Algun día...
-Que si abuela que si, que ya te entendí, no hace falta que estes siempre con lo mismo, acaba de hacerme la coleta porfa.
-Acabo meniña, acabo, so eran contos de vellas...

Esa foi a última conversa coa miña avoa antes de que morrese. Cando eu volvín da escola xa lle dera o infarto. A día de hoxe aínda sento rencor cara a Alicia daquel 20 de novembro de 2015. Como puiden ser tan estupida, deixar pasar as derradeiras palabras da persoa que mais quixen no mundo,así, coma se nada.

É por iso que hoxe, o día 19 de marzo de 2050, neste simbólico acto de clausuración do día da muller traballadora, quería adicarlle unhas palabras á miña avoa Valentina, ala onde esté.

(aplausos)

Avoa, dedicoche estas palabras para que saibas que o que ti decías non eran contos de vellas, o que ti decias era verdade, é verdade. Hoxe cumplense 20 anos dende o derradeiro asasinato por violencia de xénero en Europa. Ainda queda camiño que percorrer no mundo, para que todas as mulleres cheguen a onde estamos nós, pero aquí, moitas das cousas que ti me dicías, xa se cumpriron. Xa non morren mulleres polo feito de ser mulleres, xa non se elixen traballadores segundo o sexo, senón segundo a preparación, xa non hay xoguetes de nenas e de nenos, xa non se di "as mulleres primeiro", xa non vamos detrás dos grandes homes, hagora somos grandes mulleres. Por fin, despois de séculos de loita, somos iguais!

(aplausos)

É por iso que clausuramos este día internacional da muller traballadora, porque agora xa non ten cabida, xa non é mais que un elemento diferenciador, que ao fin e ao cabo, é o que queriamos eliminar. Compre tamen dar as gracias a todas esas persoas que loitaron pola igualdade, e especialmente ás que loitan por recuperala nos lugares que domina o Califato, e que por razóns obvias non poden estar aquí. 

(aplausos)

Sen mais dilación imos proceder á entrega dunha placa a persoeiros significantes deste ambito, a modo de agradecemento de mulleres e homes por facer unha sociedade mellor:

Malala Yousafzai. Por ser simbolo vivinte da igualdade dentro de oriente medio e no mundo islámico.

(aplausos)

María Alessia Bianchi ou María I. Por conseguir a igualdade dentro da Igresia Católica.

(aplausos)

Hiroshi Nacatame. Pola súa labor á fronte do Consello de Igualdade dende a súa creación no ano 2025 ata fai escasamente 6 anos.

(aplausos)
                                                                                ............

Por último, quero facer unha petición a aquelas mulleres que loitan día a día neses lugares onde a razón foi arrebatada. Por favor, non cometades os mesmos erros que cometemos nos ao principio. Non entorpezades a linguaxe evitando nomenclaturas masculinas, porque a palabra non é machista, machista é quen di a palabra. Non usedes o voso corpo para protestar, porque vos sodes moito mais que un corpo. Non xeneralicedes as críticas cara os homes porque os que vos oprimen e discriminan non son homes, son demos. Facedeme caso, pois a unica forma de solucionar este problema é con esforzo, educación e sobre todo non creendose superior por ser muller, sabendose IGUAL.

(aplausos)

Despedimos así a la ex secretaria general de la ONU, Alicia Hermida, actual directora del Consejo de Igualdad.

(aplausos)

Recordamos a todos los presentes que el toque de queda está impuesto a las ocho, y que la salida a partir de esa hora será motivo...







Ningún comentario:

Publicar un comentario