martes, 10 de maio de 2016

Por que non hay bos líderes en Galicia?

Como a tematica dunha entrada quedaba a decisión nosa, optei por abordar un tema que me apasiona, e que non é outro ca política. Nesta entrada, deixarei claro o meu pensamento sobre o panorama que se esta a vivir en Galicia, e en extrapolación, no resto de España.

A modo de introducción, compre salientar que en Galicia, no que levamos de democracia, a dereita leva gobernando arredor de 32 anos, xa fose como a mais centrista (UCD) ou a mais rancia (AP), pasando polo "punto intermedio" do PP. E tan só sete anos de alternativas. Isto deixa claro que se Galicia vai mal, que moi ben non vai, poderiase apuntar un culpable sen temor a equivocarnos gravemente, pois non é que a dereita nos levase ao fracaso, senón que non soubo polo de agora, facer valer os intereses dos galegos mais alá de cumplir os obxetivos de déficit e ordenanzas estatais.

O cansanzo ocasionado por esta monotonía, fixo que emerxesen novos partidos, que aportan unha palabra máxica que funciona como "abrete sésamo" ante o voto de moitos galegos, CAMBIO. É por iso que nas pasadas eleccións xerais, en Galicia, as chamadas "mareas" asentaronse como segunda forza política, deixando fora do Congreso ó BNG reconvertido en NÓS.

Non tivo ese empuxe a outra gran aposta rexeneradora, C´s, pois o seu programa estaba bastante coxo no que a Galicia se refire, e inclusive o feito de que Albert Rivera cancelase o seu mitin, ainda que por motivos dun funeral de estado, puido servir como atranco á avanzada do partido laranxa.

Ben. Unha vez recapitulada a situación, vou facer unha analise persoal do que opino de cada partido:

O PP segue a ser o vencedor nunha terra cunhas das taxas de envellecemento da poboación mais altas de españa, e é precisamenete nese sector onde o partido de Nuñez Feijoo obten a maior parte dos votos. É ben certo que os números parecen acompañar ó seu goberno, por seren unha das comunidades que cumpren co obxectivo de déficit marcado, pero non penso que estar á cabeza en austeridade, sexa motivo de encher peito.

De esquerda a dereita, Baltar (lider do PP en Ourense) e Teresa F.C. ( presunta víctima de acoso por parte de Baltar)

Por outa banda atopamos ao BNG, que protagonizou unha intentona de aunar todas as escasas forzas nacionalistas , pero que se veu aplastado por En Marea.




En Marea, grandes vencedores das eleccións, foron quen de conter nese amalgamo de siglas unificado en torno a un Podemos que finalmente incumpliu a promesa de darenlle grupo parlamentario propio, o voto da esquerda mais esquerda, e de parte do nacionalismo, co emblema de Beiras entre eles. Non vou esconder que non é do meu agrado este partido, pois pareceme populista e falso, que se afasta bastante mais da democracia do que fan creer e que ocupa o seu tempo en banalidades como retirar simbolos da monarquía ou cambiar nomes ás rúas, pero como todavía non se lles deu a oportunidade de levar a cabo un goberno autonómico, non se lles pode botar nada en cara.





O PSG mantivose nos seis escanos, aínda que detrás de En Marea en número de votos, relegado así a unha terceira praza, que parece saber a pouco aos socialistas.

Por último, C`s obtivo un escano na provincia da Coruña, exemplarizando esa falta de calado na sociedade galega, pois é certo que o programa e os dirixentes, non souperon dar a taia no noso territorio, e son lóxicamente castigados.

Logo desta desastrosa, curta e infructuosa lexislatura, toca volver ás furnas, esperemos que desta vez para forma goberno por fin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario