domingo, 15 de maio de 2016

Un paso adiante e outro mais, por favor Galiza

O curso chega á súa fin, e con el, este ciclo de entradas a cerca da historia de Galicia. Como broche final, deusenos unha pregunta a partir da cal deberiamos desenvolver un tema: Que é Galia para ti?

Galicia para mín, é ante todo o lugar onde nacín, que aínda que poida parecer un dato obvio e moi manido, leva consigo moito mais. Polo feito de nacer aquí son como son. Polo feito de criarme entre choiva, verde e gando son como son. Polo feito de comer empanada, churrasco e polbo, son como son...

Pero Galicia é mais. Non só se trata dunha terra de bo comer e chuvia continuada. Galicia é unha terra con historia, cunha historia que a fai peculiar ó resto da península. Cunha lingua propia e fermosa, que outrora era símbolo de poder e cultura a nivel europeo, chegando ate tal punto de ser utilizada polo mesmísimo Alfonso X, rei de Castela. É unha terra asoballada tantas veces polos poderosos de fora e de "dentro", que a fixo sumir nun longo letargo do que empeza a espertar. É unha terra fermosa pero ferida, pola ineptitude dos gobernos, que non souperon aprobeitar o seu potencial mais alá do xa establecido. Galicia é un exercito dirixido por Gattamelatas que só se preocupan do seu.

Galicia é moitas cousas, e non podería falar dela como perfecta, pois estaría obviando o feismo, o monocultivo do eucalipto, e o escaso amor propio dos seus habitantes. Galicia non é perfecta, pero cando me afasto dela, non poido evitar a morriña, botando de menos cousas tan aparentemente estupidas como un " vas caeeeeer" ou o mirar pola ventá e saber que me encontro no meu, onde estou cómodo.

Galicia pode ser moitas cousas, boas e malas, pero algo terá se cando os galegos marchan non a
poden olvidar. Pero como todo nesta vida, non somos quen de apreciala ata o día na que a perdemos.




Un paso adiante i outro atrás, Galiza, 
i a tea dos teus sonos non se move. 
A espranza nos teus ollos se esperguiza.  
Aran os bois  e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos  
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,  
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.   

Desorballando os prados coma sono,  
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Nimbos, Xosé María Diaz Castro


"Viendo a los gallegos en la tele, oyéndolos hablar en la radio con la amarga y sabia gravedad de quien lo tiene todo muy claro. Conscientes, desde los tiempos de Castelao y desde mucho antes, de que as sardiñas volverían se os Gobernos quixesen; pero los Gobiernos, o no quieren, o hasta ahora les importaron las sardinas un carajo. Por eso, cuando el enemigo asomó frente a la Costa de la Muerte en forma de mancha de fuel, los gallegos, en vez de mirar a Madrid y llorar cruzados de brazos esperando soluciones o milagros, salieron a pelear, estoicos, que no resignados -sólo algunos políticos idiotas confunden una cosa y otra-, sabiendo desde el principio que iban a hacerlo, como siempre, solos. Con silencios, dignidad y coraje. A reñirle a la vida ese duro combate en el que son expertos desde hace siglos, dejándose la piel en las playas y en el mar. Luego vino la hermosa solidaridad de otros lugares y gentes de España; y al cabo, la lenta y torpe reacción oficial. Pero eso fue después. Al principio, cuando se lanzaron a la lucha, los gallegos ni pedían, ni esperaban. Sólo contaban con sus pobres medios. Y con sus cojones. Es la lección admirable de esta tragedia: la extrema dignidad gallega incluso en el caos del principio, cuando la incompetencia oficial y la desesperanza. No queremos limosnas, sino ayuda, repetían."

Arturo Pérez-Reverte


Con esta entrada pretendo arremeter como xa fixen na anterior, contra a falta de liderazgo efectivo en Galicia, porque botando unha ollada cara atras, nace en min unha decepción enorme co tratamento cara un pobo, que francamente non o mereceu. Con isto non quero deixar a Galicia de choromicas, porque non o é, se algo bo temos os galegos é que , polo menos ate o de agora, sabiamos que se hai algo que non te gusta non se vai solucionar con laios e protestas continuadas e inutiles. É mellor esforzarse para solucionalo, e non perxudicarte a tin nin aos teus, logo xa protestaras, dende a posición de quen foi quen de solucionalo por si mesmo, pero que non olvida a afrenta. Así que termino a entrada falandolle a Galicia:

Xa esta ben de dar pasos cara atrás Galicia, xa esta ben de destecer pola noite o tecido no día, xa esta ben de escorregar o leite muxido, xa esta ben de queimar os montes. Chega a hora de apoiar o emprendemento, chega a hora de crear empresas, chega a hora de axudar ao campo do que toda vía "viven" moitos galegos, chega a hora de que nazan mais galegos dos que morren. Galicia xa durmiches dabondo, ESPERTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario